A Asociación Galega do libro infantil e Xuvenil ( GÁLIX ) publica o Catálogo de libros infantís e xuvenís de Galicia 2023

A Consellería de Cultura e GÁLIX coeditan esta publicación trilingüe para dar a coñecer tanto en Galicia coma no exterior as novidades editoriais galegas dirixidas ao público máis novo.

A obra vaise distribuír nas principais feiras e certames internacionais do libro nas que Galicia terá presenza. Está xa na Feira Internacional do Libro de Boloña que se está a celebrar na semana, onde Galicia conta cun expositor propio para dar a coñecer a produción LIX do noso país. 

O documento que agora compartimos pretende ser de utilidade para todas as persoas relacionadas coa LIX no campo da creación, a mediación e tamén da produción e difusión. 

O novo catálogo,coa ilustración de cuberta de Víctor Rivas, foi coordinado por Mercedes Pacheco e traducido por Mercedes Pachecho e Roi Pérez

Ver Catálogo. Pincha Aquí

Gálix