Fina Casalderrey, candidata española ao Premio Hans Christian Andersen

A escritora pontevedresa Fina Casalderrey será a candidata española ao Premio Hans Christian Andersen, coñecido como o Nobel da Literatura Infantil e Xuvenil. A Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (Oepli)

A candidatura preséntase co apoio do Ministerio de Cultura e da Xunta de Galicia. Xunto á de Casalderrey tamén se presenta a ilustradora Elena Odriozola. Segundo explica a Oepli, o Hans Christian e "el más alto reconocimiento internacional que se concede a un autor vivo de libros para niños y jóvenes". O recoñecemento é concedido polo International Board on Books for Young People (IBBY) dende o ano 1956, co patrocinio da raíña Margarita II de Dinamarca.

 
 
 
"La selección de candidatos la realizan las distintas secciones nacionales y el fallo del jurado se hará público en la Feria del Libro Infantil de Bolonia en 2024", explica a Oepli. "La entrega de los premios se realizará en el marco del 39º Congreso Internacional de IBBY, que se celebrará en Trieste (Italia) del 30 de agosto al 1 de septiembre de 2024".