O festival Sete Falares leva a antiga igrexa de Santa Clara a narración oral

O Concello de Pontevedra recupera unha das citas clásicas que anticipan a chegada do verán. Sete Falares acada a súa undécima edición como un dos eventos culturais e de ocio máis importantes da Boa Vila, coa palabra e a imaxinación como base para todo. Entre o sábado 3 e o domingo 11 de xuño, Pontevedra fará mergullo na narración de historias, na escoita e na aventura.

Abrirá o festival Quico Cadaval, o sábado 3, para dar paso a unha sucesión de funcións nas que estarán presentes Caxoto, Brais das Hortas, Ánxeles Goas, Carmen Conde, Adriano Reis, Pepito Mateo, Cristina Verbena, ou Victoria Siedleck. 

O sábado, ademais do programa habitual ao longo da semana, haberá un ciclo baixo o nome Rota de historias que partirá desde a igrexa e percorrerá lugares emblemáticos da cidade mentres se comparten historias da man de Adriano Reis, Cristina Verbena, Pepito Mateo, Quico Cadaval e Victoria Siedlecki.